Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo Coop'Todo o que debes saber sobre o Regulamento de Protección de Datos' | Organiza Cooperativa ACORDA, 29 Nov. | Vigo - Espazo Coop

Directorio /  'Todo o que debes saber sobre o Regulamento de Protección de Datos' | Organiza Cooperativa ACORDA, 29 Nov. | Vigo - Espazo Coop Ir a espazo.coop

‘Todo o que debes saber sobre o Regulamento de Protección de Datos’ | Organiza Cooperativa ACORDA, 29 Nov. | Vigo

08/11/2018

‘Todo o que debes saber sobre o Regulamento de Protección de Datos’ | Organiza Cooperativa ACORDA, 29 Nov. | Vigo

O xoves 29 de novembro a cooperativa ACORDA, socia da Unión, celebra a Xornada Informativa ‘Todo o que debes saber sobre o RXPD’ na Casa da Xuventude de Vigo, na Rúa López Mora, 31, ás 18.30 horas.

 

As asociadas estades convidades a participar, o acceso é libre e gratuíto. Cartel e Programa Aquí

Acorda s. coop. galega infórmanos por que ten interese esta xornada sobre o novo Regulamento de Protección de Datos?:

“Todas as organizacións que están dentro da Unión Europea e que operan con cidadáns desta área xeográfica están suxetas ao control do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD). Estas teñen que garantir a privacidade de todas as persoas físicas e establecer de forma clara como o van facer, podendo demostrar sempre que obtiveron consentimento da persona tratada para gardar os seu datos, que explicitaron como van a protexer ditos datos e que rexistraron tamén cal será a finalidade do seu uso. Todo elo, implica un maior compromiso das empresas e demais entidades coa protección de datos.

Para adaptarse aos novos requisitos establecidos por este Regulamento e asegurar así o cumprimento nesta materia, o máis seguro é que a túa organización deba someterse a determinados cambios, xa que do contrario verase exposta a elevadas sancións, multas e outros problemas añadidos como o da reputación. En concreto, a sanción pode alcanzar ata 20 millóns de euros ou o 4% da facturación da organización, a cantidade que sexa maior. Recordemos que o obxetivo último desta reforma é, en definitiva, protexer os dereitos de todas as persoas consumidoras, é dicir, datos persoais.

A través desta xornada informativa preténdese que da forma máis práctica posible as persoas asistentes identifiquen os conceptos básicos para comprender a materia, cumpran coas obrigas formais e requisitos establecidos na norma, coñezan os dereitos dos usuarios e usuarias, as medidas de seguridade que deben aplicarse, así como as infraccións e sancións por su incumprimento.”

 

 

 

Relacionado