Directorio /  Visita guiada á cooperativa Xesforesta - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Visita guiada á cooperativa Xesforesta

27/09/2013

Visita guiada á cooperativa Xesforesta

A Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte, a través da súa Oficina de Fomento Cooperativo, organiza unha visita á cooperativa forestal Xesforesta. Será o sábado 5 de outubro de 10 a 13.30 h.

Esta cooperativa, socia da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Ugacota,  desenvolve a súa actividade nos ámbitos naturais e paisaxísticos da nosa comunidade autónoma, promovendo unha xestión responsable dos recursos, respectando a multifuncionalidade do monte e contribuíndo de igual modo ao benestar da contorna de traballo.

Esta visita, de carácter gratuíto, enmárcase dentro dun programa de visitas a diversas cooperativas que se desenvolverán durante o mes de outubro.

Saber máis

 

Relacionado