debug-bar
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121machete
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 612129/11/2018
Culturgal 2018 acolle, un ano máis, empresas cooperativas e de economía social do ámbito cultural na súa 11 edición.
Será no Expositor común posto a disposición pola Rede Eusumo, os días 30 de novembro, 1 e 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Ademais, no expositor conxunto da economía social tamén estarán a Asociación de Empresas de Inserción AEIGA, a Rede Eusumo, e a sociedade laboral DezdeDez.
Podes consultar as empresas e organizacións que conforman o stand neste DOSSIER Economía Social – Culturgal 2018. O espazo expositivo conta ademais cunha Programación propia, fai clic: aquí. Tódolos días da Feira realízase algunha actividade para promocionar as empresas do Expositor, así, o venres 30 ás 11 h. preséntase a Sectorial de Cultura da Unión de Cooperativas EspazoCoop; e tamén haberá sinatura de discos; obradoiros (Des-botar; Romaniqueando; Coloreando as mulleres bravas da nosa historia); ou presentación de festivais (Elas son artistas), entre outras actividades.
Será unha boa oportunidade para coñecer empresas de economía social que fan proxectos no ámbito cultural.
Culturgal este ano celebra a súa 11ª edición promocionando a cultura galega. Web: Culturgal