Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo CoopXornada O TENDAL: Estratexias de marketing que podes empregar na túa empresa - Espazo Coop

Directorio /  Xornada O TENDAL: Estratexias de marketing que podes empregar na túa empresa - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Xornada O TENDAL: Estratexias de marketing que podes empregar na túa empresa

07/11/2014

Xornada O TENDAL: Estratexias de marketing que podes empregar na túa empresa
Xornada de presentación do proxecto de intercooperación O TENDAL 

A Quinta da Auga, Santiago de Compostela
CÓMO CHEGAR
Xoves 13 de Novembro ás 16:00 horas

Desde O TENDAL convídanvos a participar nunha xornada centrada nas novas estratexias de marketing para o posicionamento de empresas. Se formas parte dunha cooperativa ou sociedade laboral, ou tes unha idea de negocio que responda aos valores da economía social, achégate e comparte con nós as túas necesidades e inquietudes. Os nosos convidados/as ofrecerán consellos, pistas e experiencias que quizais che interesen.

Laura Camino : Social Media Strategist e coTeam Manager en ZyncSocial, axencia de marketing online en Barcelona. Laura é o perfecto exemplo de cerebro galego emigrado. Temos moito que aprender con ela.

Pablo Buján: Director comercial das Bodegas Martín Códax, unha das cooperativas galegas con mellor penetración no mercado exterior. Cal será o seu segredo?

Raquel Doallo: Socia de Cestola na Cachola, unha pequena cooperativa que está extendendo o seu proxecto a unha velocidade que dá envexa.

Ao remate do acto, ofrecerán uns petiscos mentres intercambiades impresións sobre a xornada. Anímate!
COMUNICACIÓN O TENDAL
Marián Fernández   /  Tel. 650 579 208
info@otendal.es

Relacionado