Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo CoopXornada Patrimonio do Xurés [Xestiona Feitoría e Maos para a RBTGX] - Espazo Coop

Directorio /  Xornada Patrimonio do Xurés [Xestiona Feitoría e Maos para a RBTGX] - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Xornada Patrimonio do Xurés [Xestiona Feitoría e Maos para a RBTGX]

02/03/2016

Xornada Patrimonio do Xurés [Xestiona Feitoría e Maos para a RBTGX]

A Reserva da Biosfera Transfronteiriza do Gerês-Xurés (RBTGX) organiza os días 5 e 6 de marzo unha Xornada de portas abertas ao patrimonio da Reserva Da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, onde queren mostrar parte do traballo realizado desde setembro de 2015 dunha forma amena e participativa. Serven estas xornadas tamén para pór o punto final a esta fase do proxecto Patrimonio do Xurés, que xestiona para a RBTGX até finais de marzo a UTE composta polas cooperativas Feitoría Verde e MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega.

Haberá desde unha parte máis formal na sede do Parque do Xurés: presentación e conferencia sobre patrimonio con dous especialistas (José Benito Reza e David Pérez), e estrearán un dos dous documentais que crearon con entrevistas a persoas da zona (‘Patrimonio habitado’, coa produción de Illa Bufarda). Pola tarde, xa no CEIP Xurés (Lobios) terán unha tarde ben animada: exposicións (de material recollido e dos cómics sobre patrimonio elaborados nos centros de ensino), unha mesa redonda sobre traballos comunitarios con persoas locais,  3 obradoiros (cestaría, música tradicional e xogos tradicionais) e merenda con música (Kérkennai-oficial). Que máis se pode pedir? A vosa asistencia e participación!

XORNADAS RBGX

Fonte: Facebook Patrimonio do Xurés (entra para ver o trailer do documental “Patrimonio Habitado” que estrearán nas Xornadas)

Relacionado