20/03/2019
Dentro do Plan de actividades da Unión Española de Cooperativas de Ensino (UECoE) para 2019, está a celebración das Xornadas “Sistema inclusivo: Escola, Sociedade e Emprego” previstas para os días 13, 14 e 15 de maio de 2019 en Tenerife.
Programa preme aquí, no mesmo atópase ademais o enlace para que aquelas persoas e colexios cooperativos que o desexen podan inscribirse.
Trátase de xornadas dirixidas ao profesorado e persoal especializado de centros de ensino públicos ou privados, nos que se imparta ensino de réxime xeral e de réxime xeral especial dos diferentes niveis, excepto o universitario.
O prazo de inscrición finaliza o 30 de abril de 2019.
Por se resulta de utilidade á hora de preparar a viaxe das participantes nestas xornadas, dende UECoE comentan algunhas cuestións:
Para calquera pregunta ou aclaración podedes poñervos en contacto con Luisa (de UECoE) a través do teléfono 91 447 34 63 ou vía mail a formacion@uecoe.es
Dende EspazoCoop animamos ás cooperativas de ensino socias de EspazoCoop a asistir ás xornadas, se vos animades e vos inscribides agradeceríamos que nos comuniquedes a vosa participación nesta actividade (Roberto Andrés 986 866 149 – roberto@espazo.coop) de cara a saber o nivel de aceptación e participación nas iniciativas plantexadas.