Directorio /  Maos, s. coop. galega, entre as webs en galego máis visitadas - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Maos, s. coop. galega, entre as webs en galego máis visitadas

05/05/2016

Maos, s. coop. galega, entre as webs en galego máis visitadas

Maos, cooperativa que fai parte de Ugacota, está entre as 50 webs en galego máis visitadas !.

Fai clic : Top 50

 

Queres coñecela súa web? preme aquí

MaOs Innovación Social, S. Coop. Galega é unha cooperativa de traballo asociado cuxa actividade se desenvolve principalmente na xestión e innovación cultural, social e do patrimonio, tanto material como inmaterial.

O seu cometido pasa por contribuír a que o patrimonio sexa considerado como ben que repercute na creación de riqueza, tanto económica como social, dunha comunidade.  As súas accións diríxense a conseguir que a sociedade galega entenda o seu patrimonio e a súa cultura como partes de si mesma, que os valore, os respecte e contribúa á súa conservación e transmisión. Para este fin, MaOs deseña, coordina e executa proxectos propios ou doutras entidades que se adecúen aos seus obxetivos.

Relacionado