Directorio /  Oferta Formativa CP Autonómico 2011/2012 - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Oferta Formativa CP Autonómico 2011/2012

08/02/2012

Ugacota - Dirección Xeral de Formación - FSE

 

Aquí atoparás a oferta formativa correspondente ao Contrato Programa Autonómico PF-2011/000102, asinado por UGACOTA e a DIRECCIÓN XERAL de FORMACIÓN e COLOCACIÓN da XUNTA de GALICIA, e cofinanciado polo FONDO SOCIAL EUROPEO.

Este contrato programa enmárcase na Orde do 6 de xuño de 2011 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación intersectoriais e sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento. (DOG nº 113, do 14 de xuño de 2011).
O Plan de Formación de UGACOTA ten como obxectivo xeral mellorar a cualificación das persoas socias e traballadoras e a competitividade das Cooperativas e empresas de Economía Social galegas.

Visitando http://ugacota.formadis.es poderás facer a túa solicitude de inscrición aos cursos que ofertamos ou ben acceder a eles unha vez esteas matriculado –a.

Durante o desenvolvemento das accións formativas, contarás co apoio dun-ha titor-a acompañándote ao longo de todo o proceso de aprendizaxe. Animámoste a participar activamente aproveitando ao máximo as posibilidades que ofrece este portal.

RELACIÓN DE CURSOS OFERTADOS

CURSOS DO CONTRATO PROGRAMA AUTONÓMICO DE UGACOTA.

PLANS DA ECONOMÍA SOCIAL 2011/2012. FINANCIADOS POLA D.X. DE FORMACIÓN E COLOCACIÓN E COFINANCIADOS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO.

[custom_table]

Nome CursoModalidadeDuración cursoPrazas dispoñiblesPeríodo execución
A túa empresa na rede. Presenza en web e redes sociais relevantesTeleformación6525Xaneiro – marzo 2012
Planificación estratéxica nas empresas cooperativas: como facer fronte aos retos do futuroTeleformación8025Dec. 2011 – feb. 2012
Dirección e xestión de proxectosTeleformación9525Xaneiro – marzo 2012
A negociación bancaria: aprendendo a reducir custosDistancia4525Dec. 2011 – feb. 2012
Xestión por competenciasTeleformación4525Xaneiro – marzo 2012
A xestión das persoas como factor de éxito na empresaDistancia12025Nov.2011 – feb 2012
Comunicación eficaz no proceso de negociación empresarialDistancia5025Xaneiro – marzo 2012
Coñecer os novos comportamentos do consumidor: como facer un estudo de mercadoDistancia6525Dec. 2011 – feb. 2012
Xestión do tempo e control do estres laboralTeleformación5525Dec. 2011 – feb. 2012
Técnicas de relación comercialTeleformación8025Dec. 2011 – feb. 2012
Protección de datos de carácter persoalTeleformación6525Nov.2011 – feb 2012
Creatividade e resolución de problemasDistancia4525Dec. 2011 – feb. 2012
Elaboración de memorias de sustentabilidade (gri: global reporting iniciative)Teleformación8925Xaneiro – marzo 2012
Linux básico+avanzadoTeleformación5025Dec. 2011 – feb. 2012
Mercadotecnica operacional: ferramenta de futuro para o crecemento das vendasTeleformación6525Xaneiro – marzo 2012
Reciclaxe en técnicas administrativas de oficinaDistancia11025Nov.2011 – feb 2012
ProtocoloDistancia5024Nov.2011 – feb 2012
Nutrición e dietéticaDistancia3525Nov.2011 – feb 2012
Openoffice 2.1 (básico)Teleformación7025Xaneiro – marzo 2012
Six aplicado á empresaPRESENCIAL3520Febreiro-marzo 2012
Calidade total, xestión empresarial e produtividadeTeleformación6525Xaneiro – marzo 2012
* Cursos gratuítos

[/custom_table]

CURSOS GRATUÍTOS

QUEN PODE PARTICIPAR

Socias e socios traballadores e de traballo e persoas empregadas de cooperativas, sociedades laborais e outras empresas e entidades de economía social da Comunidade Autónoma de Galicia. Persoas traballadoras actualmente en desemprego.

REQUISITOS

As persoas interesadas, unha vez se lles confirme a participación no curso, deberán aportar a documentación para a xestión da súa matrícula que se lles solicite. A non presentación desta documentación en tempo e forma suporá a baixa no curso.

INSCRICIÓN

http://ugacota.formadis.es

NOTA: NA ACTUALIDADE TODOS OS CURSOS ESTÁN INICIADOS. SEGUIMOS RECIBINDO SOLICITUDES PARA VINDEIRAS CONVOCATORIAS.

Relacionado