Directorio /
Cursos en rede, MAIO: "Asembleas e reunións" e "Regulamento de réxime interno en cooperativas" - Espazo Coop Ir a espazo.coop
Cursos en rede, MAIO: “Asembleas e reunións” e “Regulamento de réxime interno en cooperativas”
12/05/2017

Gratuítos, en modalidade TELEFORMACIÓN MIXTA
Inicio: finais de MAIO 2017
Para: COOPERATIVAS – ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL – PÚBLICO INTERESADO EN XERAL
En Espazocoop realizamos 2 cursos gratuítos en modalidade teleformación mixta, para os que aínda estás a tempo de inscribirte e quedan prazas disponibles:
Curso: Regulamento de réxime interno nas cooperativas. 30 horas.
Gustaríache coñecer como é a organización interna dunha cooperativa? queres deseñar un modelo organizativo propio?
2ª edición 29/05/17 – 30/06/17 . Programa aquí – Inscrición aquí
Inclúe 2 sesións presenciais os días xoves 01/06/17, e xoves 22/06/17, en Vigo, no Centro da Rede Eusumo da Deputación de Pontevedra, sede de Vigo.
Curso: Asembleas e reunións. 30 horas.
Queres acadar competencias e técnicas para organizar asembleas e reunións?
2ª edición 29/05/17 – 30/06/17 Programa aquí – Inscrición aquí
Inclúe 2 sesións presenciais os días mércores 31/05/17, e mércores 28/06/17, en Vigo, no Centro da Rede Eusumo da Deputación de Pontevedra, sede de Vigo.
Esta programación está dirixida a socios e socias de cooperativas, ás súas traballadoras/es, a persoas socias e traballadoras doutras entidades de economía social, e ao público interesado en xeral.
* Formación con certificación, no marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para 2017.
* Estas accións formativas foron incluídas no Catálogo de Actividades Formativas do baremo para marisqueo a pé, a vara e recursos específicos da Consellería do Mar.
Relacionado