Directorio /  Arrancou a Programación Eusumo 2013 de Ugacota no CRE na Fundación Feiraco - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Arrancou a Programación Eusumo 2013 de Ugacota no CRE na Fundación Feiraco

19/02/2013

Arrancou a Programación Eusumo 2013 de Ugacota no CRE na Fundación Feiraco

Un grupo de persoas xóvenes participan do 18 ao 22 de febreiro nun “Obradoiro de Formación Cooperativa” dentro da Programación de Actividades en Rede – Eusumo 2013, no CRE na Fundación Feiraco.

As participantes son persoas menores de 35 anos, tituladas e formadas en xestión empresarial.

De que trata o curso? :

Achegar o modelo cooperativo e as súas caracteristicas básicas e diferenciadoras a persoas con formación en xestión empresarial.

Sentar as bases dunha axeitada función xerencial nas cooperativas. Amosar dende a práctica as condicións necesarias para a xestión no modelo cooperativo.

Contribuír a que se coñeza e valoren as cooperativas e as súas achegas sociais e económicas.

Dar a coñecer os recursos e ferramentas a dispor das persoas socias das cooperativas e dos equipos técnicos.

Cubrir as necesidades formativas de persoas candidatas a bolseiras, para unha estadía en prácticas na área xerencial dunha cooperativa.

Relacionado