Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the debug-bar domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the machete domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6121
EspazoCoop - Espazo CoopExpertCoop -asesoramento experto para cooperativas- Espazo Coop

Directorio /  ExpertCoop -asesoramento experto para cooperativas- Espazo Coop Ir a espazo.coop

ExpertCoop -asesoramento experto para cooperativas-

13/11/2020

ExpertCoop -asesoramento experto para cooperativas-

ExpertCoop -asesoramento experto para cooperativas-

A marca de excelencia en asesoría cooperativa EXPERTCOOP está impulsada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop en colaboración cun grupo de cooperativas socias que pertencen ao ámbito asesor e consultor.

 

 

 

?Créase para dotar e comunicar o prestixio, calidade e solvencia dos servizos de xestión e asesoramento que se prestan ás empresas cooperativas, un modelo empresarial que conta con particularidades e especificidades non sempre coñecidas e polo tanto non incluídas na súa atención.

?A falta de especialización nesta materia na meirande parte das asesorías, a consideración que algúns sectores e profesionais teñen dela como unha “fórmula menor”, ou os prexuízos que existen á hora de recomendar esta fórmula empresarial en procesos de emprendemento ou en transformacións empresariais son algunhas das motivacións para o impulso desta marca.

?Calquera cooperativa do ámbito asesor e consultor podería solicitar o uso da marca se cumpre os requisitos, formando así tamén parte dun grupo relacional e de traballo neste campo, aproveitando as virtudes da intercooperación tan propia das cooperativas.

?As cooperativas socias ACR, ALGALIA, D5, XEDEGA e XIAMA foron as impulsoras desta garantía xunto a Unión, elas son EXPERTCOOP, e buscan garantir a calidade dos servizos de asesoramento e xestión en áreas como a fiscalidade, a contabilidade, laboral e xurídica que se prestan a empresas cooperativas.

?Cunha serie de distintivos gráficos da imaxe da marca, as cooperativas prestadoras de servizos de asesoramento e xestión poderán comunicar que cumpren cos indicadores esixidos por EXPERTCOOP e que forman parte deste grupo.


1) Buscas asesoramento experto para cooperativas ?

Agora existe unha marca colectiva de garantía da que somos titular a Unión de Cooperativas EspazoCoop: EXPERTCOOP.

?Que implica? Fai distinguirse como expertas en asesoramento no ámbito cooperativo, marcando a diferenza e destacando.
?Quenes son ExpertCoop? un grupo de asesorías e consultorías cooperativas da Unión con dilatada EXPERIENCIA e coñecementos.

Podes escoller Asesorías ExpertCoop!

2) Queres ser membro de EXPERTCOOP?

Se eres unha asesoría-consultoría coa fórmula empresarial de cooperativa, que asesora a outras cooperativas, e ademais eres socia da Unión, solicítao a EspazoCoop.

?Queremos atribuír PRESTIXIO e CALIDADE aos servizos das nosas asociadas.

?Se cumpres un conxunto de calidades e requisitos poderás identificar o teu servizo como ExpertCoop, autopublicitarte no mercado con esta marca e indicar a túa pertenza ao grupo.

Podes ser ExpertCoop!


Presentación, fai clic: EXPERTCOOP -Asesoramento experto para cooperativas-
Máis información: info@espazo.coop – 981 57 55 78


[ Acción no marco da programación 2020 da Rede Eusumo ]


 

Relacionado