Directorio /  Alimentación arquivos - Páxina 2 de 2 - Espazo Coop Ir a espazo.coop

This is my archive

Alimentación arquivos - Páxina 2 de 2 - Espazo Coop

Breogainas, s. coop. galega

BREOGAINAS | Produción e venda de produtos hortícolas e cáñamo industrial. Produción de porco celta.

05/10/2021

Lento s. coop. galega

LENTO | É unha panadaría e pastalaría do municipio de Ribadeo (Lugo). En concreto adícanse á: – Elaboración e venda de produtos de panadaría e repostería ecolóxicas. – Impartición de cursos para elaborar pan e repostería. – Venda doutro tipo de alimentos.    …

18/11/2020

Alcrique s. coop. xuvenil galega

ALCRIQUE S. Coop. Xuvenil Galega, realizan as seguintes actividades: Produción agrícola e gandeira, incluíndo a produción orgánica, en superficies a ceo aberto ou en invernadoiro. Comercialización de produtos hortofroitícolas, confituras e herbas aromáticas para infusionar. Asesoramento e consultoría técnica. Cooperativa de traballo asociado ubicada en Tomeza (Pontevedra).

25/02/2019

Árbore Consumo Consciente S. Coop. Galega

ÁRBORE CONSUMO CONSCIENTE | Tenda de produtos ecolóxicos e comercio xusto Consumo Consciente Árbore, S. Coop. Galega  naceu en 2001 como unha cooperativa de consumo sen ánimo de lucro, cunha misión clara: facilitar un consumo consciente de alimentos ecolóxicos e de comercio xusto, e promover un consumo responsable coas consecuencias…

20/02/2017

Bico de Grao S. Coop. Galega

Bico de Grao son tres socias que constituíron unha cooperativa de traballo asociado para pór en marcha un espazo de venda de produtos ecolóxicos a granel e de xestión comunitaria de servizos, co obxectivo final de crear unha rede de consumo consciente e responsable en Lugo. O seu proxecto…

25/04/2016

Pulponor, S.Coop.Galega

A principal actividade que desenvolve PULPONOR, S.COOP. GALEGA céntrase na distribución de polbo conxelado da mellor calidade e cun sistema de embalaxe exclusiva e totalmente natural, a profesionais do sector: pulpeir@s, restauración en xeral e grandes superficies, contando tamén con servizo para particulares a través da web www.pulponor.com. Tamén…

05/05/2014

Simbiosis, S. Coop. Galega

SIMBIOSIS: Relación de axuda mútua que se establece entre dúas persoas ou entidades cando traballan ou realizan algo en común. Este é o lema de Simbiosis, S.Coop. Galega que se constituíu, na Coruña, como cooperativa de traballo asociado, por tres socias, que cren que esta fórmula é a mais acaída…

17/10/2013

Ribeira do Navia, S. Coop. Galega

Ribeira do Navia é unha cooperativa de traballo asociado, nacida no ano 2011 en Negueira de Muñiz. As persoas socias xa viñan desenvolvendo as actividades de produción ecolóxica de froitas e verduras para a elaboración artesanal de zumes e conservas vexetais. A actividade cooperativizada a través da cooperativa tamén inclúe…

11/04/2012

Milhulloa, S.Coop.Galega

En Palas de Rei, no Camiño de Santiago, atópase Milhulloa, S. Coop. Este proxecto de auto emprego formado por tres persoas nace no ano 2000 e dedícase o cultivo ecolóxico e comercialización de plantas aromáticas e medicinais. A cooperativa traballa na recuperación da flora autóctona en perigo de extinción e…

11/04/2012