Directorio /  Traballo Asociado arquivos - Páxina 11 de 22 - Espazo Coop Ir a espazo.coop

This is my archive

Traballo Asociado arquivos - Páxina 11 de 22 - Espazo Coop

Breogainas, s. coop. galega

BREOGAINAS | Produción e venda de produtos hortícolas e cáñamo industrial. Produción de porco celta.

05/10/2021

Arela Saúde, s. coop. galega

ARELA SAÚDE | Servizos de consulta clínica de nutrición e dietética. Servizo de asesoramento en materia de nutrición a empresas e particulares. Deseño e revisión de menús para colectividades. Impartición de charlas e talleres de nutrición. Divulgación en materia de nutrición, alimentación e saúde. Cursos e formacións para profesionais sanitarios.

05/10/2021

Avada, s. coop. galega

AVADA realizan actividades de lecer, educativas, culturais, deportivas, e turismo activo. Son unha Escola de Tempo Libre que tamén realizan formación de monitoras/es e directoras/es de actividades de tempo libre, así como outras formacións non regradas.

30/09/2021

Praxxis Inclusión s. coop. galega

PRAXXIS INCLUSIÓN | A cooperativa realiza traballos no ámbito dos servizos sociais para mellorar a calidade e condicións de vida das persoas con discapacidade, así como para a súa inclusión, xa sexa social, laboral, cultural, educativa ou económica, considerada de forma individual e colectiva.   PRAXXIS INCLUSIÓN fan actividades de deseño…

08/02/2021

Alén s. coop. galega

ALÉN ofrece solucións en economía circular e sustentabilidade ás diferentes organizacións do tecido económico e social galego, como vía para mellorar a súa competitividade, disminuíndo o impacto ambiental e integrando a perspectiva social nos proxectos. As súas 4 liñas de negocio son: – Consultoría enfocada á diagnose e análise, desenvolvemento estratéxico,…

08/02/2021

A Flor da Vida s. coop. galega

A FLOR DA VIDA |  Ofrecen distintos servizos no ámbito da Permacultura, a Bioconstrucción ou o Crecemento persoal. Adícanse á prestación destes servizos: Servizos de Permacultura: deseño, asesoramento, acompañamento, coordinación e execución de proxectos. Transformación de espazos, xardíns, hortas, escolas, etc. Servizos de formación regrada e non regrada en…

03/12/2020

A Tobeira s. coop. galega

A TOBEIRA |  É unha nova libraría e espazo cultural na cidade da Coruña. Son cooperativa de traballo e a súa Libraría está na rúa Merced 24 baixo da Coruña.

18/11/2020

Lento s. coop. galega

LENTO | É unha panadaría e pastalaría do municipio de Ribadeo (Lugo). En concreto adícanse á: – Elaboración e venda de produtos de panadaría e repostería ecolóxicas. – Impartición de cursos para elaborar pan e repostería. – Venda doutro tipo de alimentos.    …

18/11/2020

Gadaven s. coop. galega

GADAVEN | É un bar que se ubica na cidade da Coruña. Trátase dunha cooperativa de traballo coas instalacións na rúa Someso 7 baixo da Coruña.

18/11/2020

13 Grados s. coop. galega

13 GRADOS | Adícanse á educación ambiental, a actividades deportivas e á produción e comercialización de produtos divulgativos, todo elo vinculado coa conservación do medio mariño: – Educación ambiental a través de obradoiros, aulas formativas e exposicións, centradas especialmente na divulgación das características, biodiversidade e conservación do medio mariño.

18/11/2020