Directorio /  Colexio Guillelme Brown S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Colexio Guillelme Brown S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Ensino
Enderezo: A Merteira s/n, Castadón
Localidade: Pereiro de Aguiar
Provincia: Ourense
CP: 32710
Teléfono: 986 259 589

No Colexio Guillelme Brown fundíronse durante anos os esforzos e ilusións de nenos e nenas, profesorado, pais e nais, antigos alumnos/as, colaboradores e amigos, cunha mesma finalidade: A procura da Calidade Educativa.  Arredor desta idea nace o colexio no ano 1987, un centro privado, mixto, non confesional, independente, non vencellado a ningunha ideoloxía política ou relixiosa pero si aberto a todas as liñas de pensamento baseadas na ética democrática e nos principios da Declaración dos Dereitos do Home.

O seu proxecto educativo parte dos presupostos metodolóxicos e pedagóxicos que puxo en movemento a INSTITUCIÓN LIBRE DE ENSINO e que se foron enriquecendo ao longo do século XX coas achegas de destacados pedagogos/as que comezaron a distinguir entre a simple instrución e a formación integral das persoas.

O Colexio está situado nun entorno natural, a tres quilómetros de Ourense. Ocupa unha finca de 21.000 metros cadrados con zonas de bosque autóctono, espazos axardinados, charcas, horto, parque infantil, piscinas, pavillón polideportivo cuberto, pista polideportiva exterior e unha ampla gama de instalacións que inclúen comedor, biblioteca, laboratorio de ciencias, taller de tecnoloxía, aulas específicas de idiomas, ciencias sociais, ballet, psicomotricidade, informática,música, plástica…

Educación integral

Entenden o colexio como unha comunidade viva de educadores, educadoras e educandos, na que predomina o aspecto FORMATIVO fronte ao instrutivo; o DIÁLOGO fronte á imposición; a CONVIVENCIA harmoniosa fronte ao individualismo egoísta. Son valores incuestionables: a tolerancia, a solidariedade, a democracia, a igualdade, a liberdade de conciencia, a libre discusión sen dogmatismos, en definitiva, a educación para a liberdade.

O alumno e a alumna

É persoa, e como tal, un ser singular, racional, libre, na procura da súa identidade que a comunidade educativa potenciará: Fomentando a súa iniciativa, estimulando a súa creatividade, ensinando a optar en liberdade, facéndoo responsable dos seus propios actos, e mesmo propiciando unha actitude de aprendizaxe constante na súa vida.

Ensinanza activa

O alumno e a alumna é activo, que participa na construción das súas aprendizaxes. Por elo, a nosa metodoloxía:

  • Ten presente a individualidade do alumno/a: fuxindo do uniformismo, potenciando a súa personalidade orixinal.
  • Parte de aprendizaxes significativas guiadas polo profesorado a través da manipulación de obxectos, da vivenciación, da investigación, da consulta.
  • Fronte ás aprendizaxes puramente memorísticas, valora a importancia de aprender a pensar.
  • Propicia un estado de insurrección intelectual permanente: buscar, consultar, ser curiosos, ser críticos.

O profesorado

É quen intermedia entre os contidos da aprendizaxe e a actividade construtiva do alumno/a. Entende o ensino como un proceso, non como unha rutina. Parte de modelos teóricos que lle proporcionan instrumentos de análise e reflexión sobre “como se aprende” e “como se ensina”. Vive inmerso nun proceso de formación continua.

A convivencia

Toda sociedade necesita para desenvolverse unha orde derivada da xustiza. Resulta transcendente:

  •  Educar na xustiza, para que respecten os dereitos de cada un e fundamenten as relacións humanas na equidade e o ben común.
  •  Fomentar a toma de conciencia sobre os problemas da violencia, agresión e inxustiza aos que se ten que enfrontar a persoa.
  •  Ensinar a recoñecer o valor da intimidade, baseada no respecto a un mesmo e aos demais.
  •  Ensinar a actuar de acordo coas normas de convivencia.
  •  Dirimir na nosa asemblea semanal dun xeito dialogado os problemas derivados da convivencia.

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma