debug-bar
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114machete
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114post-smtp
domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init
action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/directorio-espazo-coop/htdocs/directorio.espazo.coop/wp-includes/functions.php on line 6114No Colexio Guillelme Brown fundíronse durante anos os esforzos e ilusións de nenos e nenas, profesorado, pais e nais, antigos alumnos/as, colaboradores e amigos, cunha mesma finalidade: A procura da Calidade Educativa. Arredor desta idea nace o colexio no ano 1987, un centro privado, mixto, non confesional, independente, non vencellado a ningunha ideoloxía política ou relixiosa pero si aberto a todas as liñas de pensamento baseadas na ética democrática e nos principios da Declaración dos Dereitos do Home.
O seu proxecto educativo parte dos presupostos metodolóxicos e pedagóxicos que puxo en movemento a INSTITUCIÓN LIBRE DE ENSINO e que se foron enriquecendo ao longo do século XX coas achegas de destacados pedagogos/as que comezaron a distinguir entre a simple instrución e a formación integral das persoas.
O Colexio está situado nun entorno natural, a tres quilómetros de Ourense. Ocupa unha finca de 21.000 metros cadrados con zonas de bosque autóctono, espazos axardinados, charcas, horto, parque infantil, piscinas, pavillón polideportivo cuberto, pista polideportiva exterior e unha ampla gama de instalacións que inclúen comedor, biblioteca, laboratorio de ciencias, taller de tecnoloxía, aulas específicas de idiomas, ciencias sociais, ballet, psicomotricidade, informática,música, plástica…
Educación integral
Entenden o colexio como unha comunidade viva de educadores, educadoras e educandos, na que predomina o aspecto FORMATIVO fronte ao instrutivo; o DIÁLOGO fronte á imposición; a CONVIVENCIA harmoniosa fronte ao individualismo egoísta. Son valores incuestionables: a tolerancia, a solidariedade, a democracia, a igualdade, a liberdade de conciencia, a libre discusión sen dogmatismos, en definitiva, a educación para a liberdade.
O alumno e a alumna
É persoa, e como tal, un ser singular, racional, libre, na procura da súa identidade que a comunidade educativa potenciará: Fomentando a súa iniciativa, estimulando a súa creatividade, ensinando a optar en liberdade, facéndoo responsable dos seus propios actos, e mesmo propiciando unha actitude de aprendizaxe constante na súa vida.
Ensinanza activa
O alumno e a alumna é activo, que participa na construción das súas aprendizaxes. Por elo, a nosa metodoloxía:
O profesorado
É quen intermedia entre os contidos da aprendizaxe e a actividade construtiva do alumno/a. Entende o ensino como un proceso, non como unha rutina. Parte de modelos teóricos que lle proporcionan instrumentos de análise e reflexión sobre “como se aprende” e “como se ensina”. Vive inmerso nun proceso de formación continua.
A convivencia
Toda sociedade necesita para desenvolverse unha orde derivada da xustiza. Resulta transcendente:
Sectores: Educación – Formación