09/02/2021
Convocáronse as subvencións 2021 para fomento do emprendemento en economía social: ‘Programa Aprol Economía Social’. Estas axudas están destinadas ás cooperativas (entre outras beneficiarias).
Documentos informativos:
Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais. Para elo establecéronse dous Programas de axudas:
PROGRAMA I, Poderán acollerse a estes incentivos as cooperativas e sociedades laborais que incorporen persoas socias traballadoras ou de traballo, en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
A incorporación poderá ser a xornada completa ou a tempo parcial.
PROGRAMA II, Poderían acollerse a este programa as persoas que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido, a través do financiamento das súas achegas económicas ao capital social, que desenvolvan a súa actividade nun centro de traballo situado en Galicia e que, no momento da súa incorporación, sexan:
O período de execución é : Desde o 01 de outubro de 2020 ata o 15 de novembro de 2021.
O prazo para presentar solicitudes finaliza o 30 de setembro de 2021.
Dende a UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP prestamos asesoramento e orientación na súa tramitación, e ademais estamos á vosa disposición para realizar servizos de acompañamento de xeito gratuíto na posta en marcha de proxectos en réxime cooperativo.