En A FACTORÍA ATELIER adícanse á restauración, recuperación e transformación de mobiliario, así como á creación artesanal de obxectos de decoración e
complementos a partir de materiais recuperados ou en desuso.
Recuperan mobles e outras materias primas para imprimirlles nova vida no seu obradoiro, e crear así pezas de decoración únicas. Creen na beleza do imperfecto e na decoración que conta historias. Pretenden ofrecer opcións de consumo máis sostibles nos ámbitos da decoración e os complementos e promoven a reutilización fronte ao consumo indiscriminado de recursos.
Selecionan a súa materia prima en función da súa calidade e durabilidade, utilizan materiais naturais e/ou recuperados e preferin sempre acabados naturais para as súas pezas.
Contan cun obradoiro e showroom en O Grove.
Podes atopalos tamén en redes como @afactoriaatelier ou adquirir os seus productos a través da web www.afactoriaatelier.com da súa tenda online.
A Factoría Atelier é unha cooperativa de traballo asociado ubicada en O Grove (Pontevedra)
Sectores: Comercio Madeira Outros servizos