
AIRA VELLA | Centro de creación e artes
A cooperativa Aira Vella, baixo o nome A Casa Vella, é un espazo de creación artística, encontro, mediación e dinamización cultural do contexto rural. Atópase ubicada no lugar de Amiadoso, en Allariz, nun ambiente rural e na natureza no que desenvolver a creación, as residencias artísticas, ou actividades.
A Casa Vella concíbese como un centro de creación de artes vivas e acción social no rural. Como tal, é un espazo físico e unha plataforma de acción cultural e social, que aposta pola dinamización da contorna rural a través da arte e pola posta en valor e recuperación do patrimonio cultural inmaterial ligado aos ecosistemas natural e agroforestal.
A Casa Vella é un dos primeiros espazos deste tipo que se poñen en marcha en Galicia, un proxecto innovador e alineado co espírito e tendencias do seu tempo, no que comenzan a xurdir unha multiplicidade de iniciativas que buscan unha posta en valor do rural desde novos modelos sustentables que asocien cultura, natureza, benestar social e desenvolvemento profesional.
Sectores: Cultura - Ocio - Deporte Cultural