Directorio /  Aldea Integral s. coop. galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Aldea Integral s. coop. galega
Tipo: Cooperativa de Consumo
Enderezo: Sevilla 10 baixo
Localidade: Vigo
Provincia: Pontevedra
CP: 36203
Teléfono: 986161556

ALDEA INTEGRAL

Aldea Integral, S. Coop. Galega é unha cooperativa de consumo, fundamentalmente de alimentación, con especial preocupación polos alimentos ecolóxicos e pola produción de proximidade. Tratan de conquerir todo o que precisan as súas socias, como outros bens de menaxe, limpeza do fogar, hixiene persoal e doutro tipo necesarios.

Outra característica de Aldea é que ademais producen os seus propios alimentos de forma ecolóxica e local a través do cultivo de varias hortas.

As súas inquedanzas lévaos a querer formar e informar sobre nutrición, cooperativismo e todo aquilo que poda ser do interese do seu colectivo de socias. Por iso fan tamén obradoiros de cociña ou xantares populares.

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma