Directorio /  ALVARIZA COLABORATIVAS COMPOSTELA S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

ALVARIZA COLABORATIVAS COMPOSTELA S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Consumo
Enderezo: Feliciano Barrera Fernández 11B, 3ºC
Localidade: Santiago de Compostela
Provincia: A Coruña
CP: 15706
Teléfono: 676415031
Email de contacto: info@alvarizacolab.gal

Alvariza Colaborativas Compostela | Vivenda colaborativa en cesión de uso

Alvariza son unha cooperativa que promove a creación dunha comunidade intencional e interxeracional que comparta vida e servizos en vivendas colaborativas. Fundada no 2020, Alvariza Colaborativas está composta por un grupo diverso de persoas unidas polo desexo de vivir nunha contorna que promove a solidariedade, a sustentabilidade e o coidado mutuo. A súa comunidade está formada por individuos de diferentes idades, profesións e intereses, todos comprometidos en construír un futuro mellor e máis colaborativo.

Alvariza nace para crear fogares arredor dunha comunidade viva. Espazos compartidos, natureza e arquitectura pensados para favorecer o encontro, o coidado mutuo e unha vida máis sostible.

Imaxinamos un lugar no que compartir espazos, recursos e experiencias forme parte da vida cotiá, favorecendo relacións máis próximas e unha maneira de habitar máis consciente. A arquitectura, integrada na contorna natural de Roxos (Santiago de Compostela), estará pensada para facilitar o encontro espontáneo, o coidado entre veciñas e veciños e unha convivencia aberta e participativa.

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma