Directorio /  ANACOS EDUCATIVOS, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

ANACOS EDUCATIVOS, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Rúa Baiuca 2, baixo
Localidade: A Estrada
Provincia: Pontevedra
CP: 36680
Teléfono: 694216484

ANACOS EDUCATIVOS | Proxectos socioeducativos e culturais

ANACOS é unha cooperativa de iniciativa social que deseña e desenvolve proxectos educativos, culturais e comunitarios con perspectiva de xénero, enfoque social e compromiso co territorio.

Traballan desde a educación non formal como ferramenta de transformación, poñendo no centro ás persoas, os coidados e a participación activa.

Desenvolven accións dirixidas a infancia, mocidade e persoas adultas en ámbitos como a igualdade, a prevención de violencias, a autoestima, a corresponsabilidade, a cultura e a dinamización comunitaria, colaborando con administracións públicas, centros educativos e entidades sociais.

ANACOS nace da convicción de que os proxectos feitos con tempo, calidade técnica e unha estética coidada xeran impacto real, apostando por unha economía social sostible, feminista e en galego.

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma