
APPLE GANG | Elaboración de bebidas ecolóxicas
Apple Gang, baixo o nome comercial de Zumiño, elaboran e producen bebidas ecolóxicas.
Un proxecto novo, liderado por persoas con ilusión e confianza no desenvolvemento rural que rehabitan terreos abandonados e plantan árbores froiteiras. Máis aló de cultivar mazás para a súa venda directa a tendas ou sidrerías, desenvolven unha liña de zumes.
Coa súa actividade pretenden xerar o menor impacto posible na biodiversidade do ecosistema da comarca, no Baixo Miño.
Sectores: Agricultura - Gandeiría - Pesca Alimentación
Actividades: Alimentación Bebidas Froitas Zumos