No Colexio Guillelme Brown fundíronse durante anos os esforzos e ilusións de nenos e nenas, profesorado, pais e nais, antigos alumnos/as, colaboradores e amigos, cunha mesma finalidade: A procura da Calidade Educativa. Arredor desta idea nace o colexio no ano 1987, un centro privado, mixto, non confesional, independente, non vencellado a ningunha ideoloxía política ou relixiosa pero si aberto a todas as liñas de pensamento baseadas na ética democrática e nos principios da Declaración dos Dereitos do Home.
O seu proxecto educativo parte dos presupostos metodolóxicos e pedagóxicos que puxo en movemento a INSTITUCIÓN LIBRE DE ENSINO e que se foron enriquecendo ao longo do século XX coas achegas de destacados pedagogos/as que comezaron a distinguir entre a simple instrución e a formación integral das persoas.
O Colexio está situado nun entorno natural, a tres quilómetros de Ourense. Ocupa unha finca de 21.000 metros cadrados con zonas de bosque autóctono, espazos axardinados, charcas, horto, parque infantil, piscinas, pavillón polideportivo cuberto, pista polideportiva exterior e unha ampla gama de instalacións que inclúen comedor, biblioteca, laboratorio de ciencias, taller de tecnoloxía, aulas específicas de idiomas, ciencias sociais, ballet, psicomotricidade, informática,música, plástica…
Educación integral
Entenden o colexio como unha comunidade viva de educadores, educadoras e educandos, na que predomina o aspecto FORMATIVO fronte ao instrutivo; o DIÁLOGO fronte á imposición; a CONVIVENCIA harmoniosa fronte ao individualismo egoísta. Son valores incuestionables: a tolerancia, a solidariedade, a democracia, a igualdade, a liberdade de conciencia, a libre discusión sen dogmatismos, en definitiva, a educación para a liberdade.
O alumno e a alumna
É persoa, e como tal, un ser singular, racional, libre, na procura da súa identidade que a comunidade educativa potenciará: Fomentando a súa iniciativa, estimulando a súa creatividade, ensinando a optar en liberdade, facéndoo responsable dos seus propios actos, e mesmo propiciando unha actitude de aprendizaxe constante na súa vida.
Ensinanza activa
O alumno e a alumna é activo, que participa na construción das súas aprendizaxes. Por elo, a nosa metodoloxía:
O profesorado
É quen intermedia entre os contidos da aprendizaxe e a actividade construtiva do alumno/a. Entende o ensino como un proceso, non como unha rutina. Parte de modelos teóricos que lle proporcionan instrumentos de análise e reflexión sobre “como se aprende” e “como se ensina”. Vive inmerso nun proceso de formación continua.
A convivencia
Toda sociedade necesita para desenvolverse unha orde derivada da xustiza. Resulta transcendente:
Sectores: Educación - Formación