
BEAUTY DETOX CONCEPT | Benestar feminino
Beauty Detox Concept (Potingues Verdes) é unha cooperativa galega formada por dúas profesionais —unha informática e unha química— que desenvolve a súa actividade no ámbito do benestar feminino e a educación en autocuidado seguro.
A cooperativa combina dúas liñas complementarias de actuación: por unha banda, a comercialización de cosmética natural e ecolóxica rigorosamente seleccionada; por outra, o acompañamento e a formación en autocuidado consciente, especialmente dirixido a mulleres en etapas de especial vulnerabilidade, como a menopausa, enfermidades crónicas ou procesos oncolóxicos.
Ademais da actividade comercial, desenvolven accións de divulgación, formación e sensibilización social sobre ingredientes, saúde cutánea e redución de exposición a substancias potencialmente problemáticas, contribuíndo a unha cultura de coidado máis responsable e sostible.
Traballan desde Galicia con alcance peninsular (España e Portugal) a través de contornas dixitais, combinando proximidade, profesionalidade e compromiso social.
Sectores: Saúde e benestar Servizos persoas - comunidade
Actividades: Benestar Cosmética Natural Saúde