Directorio /  Enxame s. coop. galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Enxame s. coop. galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Lugar A Tenencia, 9, Redes-Caamouco
Localidade: Ares
Provincia: A Coruña
CP: 15623
Teléfono: 698132923
Email de contacto: info@enxame.gal

ENXAME | Consultoría social

ENXAME é unha consultora social comprometida coa mellora da calidade de vida das persoas e o desenvolvemento das comunidades, ofrecendo unha ampla variedade de servizos adaptados as súas necesidades. Son especialistas no deseño, planificación, implementación e avaliación de políticas públicas, plans e programas sociais, colaborando coas administracións e cooperando con outras entidades locais.

Ofrecen formación e orientación laboral para mellorar as habilidades e competencias das persoas e facilitar o seu acceso ao emprego. Todos os proxectos realízanse dende unha perspectiva transversal de igualdade de xénero e de oportunidades, impulsando estruturas máis igualitarias e fomentando a economía social. Ademais, como entidade inscrita no Rexistro de Mediadores, prestan servizos de mediación en conflitos sociais, laborais e comunitarios.

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma