Directorio /  Rexenerando, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

Rexenerando, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Rúa María, 94
Localidade: Ferrol
Provincia: A Coruña
CP: 15401
Teléfono: 881 953 791
Teléfono 1: 698 157 414
Email de contacto: info@rexenerando.com

Rexenerando é unha cooperativa de traballo asociado composta por un equipo aberto, dinámico e multidisciplinar. Especialistas en igualdade, servizos sociais, formación, cultura e dinamización de grupos. Contan cunha ampla experiencia traballando na Administración Pública, en sindicatos, ONG´s e en consultorías. Aúnan esforzos, ilusións e sinerxias para ofrecer unha carteira de servizos moi variada, completa e de altísima calidade.

SERVIZOS SOCIAIS

Información, orientación e asesoramento sobre recursos sociais e o emprendimento social. Asesoramento legal e de recursos para a muller. Deseño e execución de propostas técnicas relacionadas cos servizos sociais comunitarios básico e especializados (plans de inclusión social). Campañas de difusión e sensibilización específicas (o día da Diversidade funcional, Día internacional da infancia, etc.). Formación a persoal dos servizos sociais, ONG´s e entidades prestadoras de servizos sociais (parentalidadepositiva, intervención social desde a perspectiva de xénero, manexo do estrés, dinamización de equipos de traballo, etc.).  Obradoiros e accións para colectivos sobre autoexploración de capacidades e potencialidades. Obradoiros específicos por idades e condicións sociais.

FORMACIÓN

Ofertan accións formativas para todos os públicos, tanto regrada como non regrada. En diferentes modalidades: presencial, semi-presencial e en liña. Elaboran plans formativos á medida.

IGUALDADE

Programas e planos de igualdade. Obradoiros de todo tipo (Autoestima, Saúde, Sexualidade, etc.).  Linguaxe non sexista. Cursos e posgraos . Campañas creativas e campañas de difusión e sensibilización específicas. (Día internacional da Muller, Violencia de xénero). Programas de conciliación e corresponsabilidade. Programas de prevención de violencia de xénero. Programas e proxectos de coeducación . Xogos e contos para a igualdade. Propostas á medida.

CULTURA

Revalorización de patrimonio. Actividades e eventos culturais. Dinamización turística. Acción cultural para infancia, adolescencia, persoas adultas e terceira idade. Programas de acción cultural para centros educativos. Especialistas traballando co entorno. Programas de innovación cultural. Campañas creativas.  Programas culturais de integración social. Obradoiros de creatividade e artísticos.  Campamentos de verán e de fins de semana.  Xogos e experiencias creativas para todas as idades. Animación sociocultural.

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma