
Rexenerando é unha cooperativa sen ánimo de lucro fundada no 2014 en Ferrolterra. Desde ela, un equipo interdisciplinar de persoas desenvolvemos proxectos para a xustiza social arredor de tres eixos de traballo, que son tamén tres grandes valores que nos guían: a participación e a democracia; a igualdade e a atención á diversidade; e o respecto pola historia e a cultura. Traballamos arredor de tres grandes eixos que vertebran o noso quefacer:
Facilitación, participación e acompañamento
Formación en facilitación de grupos. Facilitación de espazos grupais apoiando procesos de toma de decisión, resolución de conflitos, deseño da gobernanza e desenvolvemento organizacional etc. Acompañamento e mentoría de equipos de traballo. Programas de fomento da participación cidadá e acompañamento de procesos cidadáns inclusivos. Intervención e mediación sociocomunitaria. Obradoiros dirixidos a garantir o dereito á participación das infancias e adolescencias.
Igualdade, diversidade e dereitos LGBT+
Deseño de políticas públicas de igualdade e elaboración de plans e estratexias Programas e intervencións coeducativas para o conxunto da comunidade educativa: alumnado, familias e profesorado. Formacións especializadas sobre educación sexual, comunicación inclusiva, delitos de odio contra persoas LGBTIQA+, historia dos feminismos etc. Creación de espazos de apoderamento colectivo das mulleres e outras identidades minorizadas. Campañas para a sensibilización e a prevención das violencias machistas e da lgbtfóbia. Proxectos de participación social destinados á posta en valor da memoria, os coñecementos e as experiencias das mulleres.
Cultura, memoria e lingua
Deseño e execución de roteiros históricos interpretados. Proxectos educativos de posta en valor do territorio e os seus recursos. Procesos e metodoloxías de innovación educativa para a activación de falantes. Procesos participativos comunitarios para a recuperación e visibilización da memoria colectiva. Elaboración de materiais gráficos e audiovisuais para a divulgación das historias subalternizadas. Asesoramento e produción de xornadas divulgativas.
Máis información: