Directorio /  SORORAS, S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

SORORAS, S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Poblado Mineiro de Fontao, 59
Localidade: Vila de Cruces
Provincia: Pontevedra
CP: 36583
Teléfono: 646854068
Teléfono 1: 609106652
Teléfono 2: 666379745
Email de contacto: info@sororas.gal

SORORAS | Formación en igualdade

Sororas S. Coop. Galega é un espazo de creación e formación en igualdade. Os servizos son a miscelánea dos perfís das súas socias: Igualdade, Historia, Xestión Cultural, Música, Deseño Gráfico, Audiovisuais e fotografía, Belas Artes, Formación non regrada e animación sociocultural.

Os xogos de Sororas.gal son, a priori, o espazo máis representativo e máis visible da cooperativa. Levan os xogos tradicionais, realizados de maneira artesanal, por todo o territorio galego. Son sesións onde crear comunidade, tecer redes e desfrutar desconectando das pantallas e desfrutando do momento.

Realizan obradoiros artísticos, de dinamización cultural e tamén ao redor da historia e da tradición, todos eles aplicando a perspectiva de xénero. No eido da Igualdade desenvolven plans de igualdade para entidades públicas e privadas, desenvolven obradoiros específicos en materia de igualdade e poñen en marcha puntos violetas en diferentes eventos.

En Xestión Cultural teñen experiencia na xestión de subvencións para diferentes festivais. así como o acompañamento, comercialización e produción de proxectos, espectáculos e grupos musicais.

Na música teñen dúas vertentes: a música tradicional, con obradoiros de canto e percusión tradicional; e a música de conservatorio con aulas de frauta traveseira en escolas de música.

En Deseño gráfico e servizos audiovisuais realizan a identidade corporativa de marcas e eventos, cartelería artística, grabación, montaxe e edición de vídeo e fotografía, así como a cobertura de eventos.

 

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma