Directorio /  TORTA TORTA S. Coop. Galega - Espazo Coop Ir a espazo.coop

TORTA TORTA S. Coop. Galega
Tipo: Cooperativa de Traballo Asociado
Enderezo: Rúa O Pinar 14 2ºF
Localidade: O Porriño
Provincia: Pontevedra
CP: 36400
Teléfono: 626700444
Email de contacto: somostortatorta@gmail.com

TORTA TORTA | Compañía de Teatro

Torta Torta é unha compañía de teatro, o lugar que atopan Ailén Kendelman e Areta Bolado para contar o que queren e do xeito que lles gusta. En galego torta é non ir dereita, estar torcida, tamén temos retorta, que é ser revirada. Se preguntas en castelán, vén sendo unha lapada. Se es latina, unha bollera.  E xa se sabe que en todos os lados, a falta de pan…

Estas dúas recoñecidas teatreiras galegas continúan a súa traxectoria de creación en común mesturando música, teatro e humor acedo e reivindicativo. No seu camiño artístico recibiron máis dunha vintena de premios, xuntas e por separado, que distinguen o seu labor no teatro, o seu bo facer na música e o seu compromiso coa igualdade e os dereitos LGBTIQ+.

 

Sectores: Cultural

Actividades: Compañía De Teatro Teatro

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma